Rama de coñecemento
Enxeñaría e arquitectura
Ciencias
Campus
Campus de Ourense
Centro
Créditos ECTS
366
Cursos
6
Prazas
6
Nota de acceso
7.138 (Ord.) (1)
Prezo
835,80 € (2)(3)
(1) Ord: convocatoria ordinaria, Ext: convocatoria extraordinaria. Nota de acceso do curso 2025/2026
(2) Importe dos créditos ECTS do primeiro curso. Taxas non incluídas
(3) Bonificación equivalente ao 99% do prezo en primeira matrícula segundo decreto da Xunta de Galicia
Descrición
A simultaneidade en Enxeñería Agraria e Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos forma profesionais altamente cualificados para afrontar os novos retos nos sectores agrario e alimentario combinando dúas titulacións estratéxicas e complementarias. A rama de Enxeñería Agraria proporcionará ao alumnado unha sólida base científica e tecnolóxica orientada ao deseño, xestión e dirección de explotacións agrícolas, gandeiras e agroindustriais. Ademais, proporcionará unha ampla formación en infraestruturas e procesos asociados á produción primaria e á transformación das materias primas. A rama de Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos proporcionará ao alumnado os coñecementos necesarios para comprender, xestionar e optimizar a cadea de elaboración de alimentos, desde a obtención das materias primas ata a comercialización dos produtos alimentarios, pasando polas diferentes fases de transformación, control de calidade, e conservación. Esta simultaneidade proporcionará unha formación integral e multidisciplinar cunha elevada proxección profesional nun sector que se espera que no futuro sexa clave, en temas de innovación, sustentabilidade e seguridade.
Itinerarios
- Itinerario EA (Mención: Industrias Agrarias e Alimentarias) e CeTA (Sen Mención) - 366 ECTS
- Itinerario EA (Mención: Industrias Agrarias e Alimentarias) e CeTA (Mención: Enoloxía) - 378 ECTS
- Itinerario EA (Mención: Hortofruticultura e Xardinaría) e CeTA (Sen Mención) - 390 ECTS
- Itinerario EA (Mención: Hortofruticultura e Xardinaría) e CeTA (Mención: Enoloxía) - 396 ECTS
Acceso e admisión
- Bacharelato con ABAU superada
- Ciclos formativos de grao superior
- Proba de acceso para maiores de 25 ou 45 anos
- Titulación universitaria previa
Saídas Profesionais
- Xestión e control de calidade de procesos e produtos
- Desenvolvemento e innovación de procesos e produtos
- Seguridade alimentaria
- Procesamento de alimentos
- Asesoramento xurídico, científico e técnico
- Realización de medicións, cálculos, valoracións, taxacións, peritaxes, estudos, informes, plans de traballo e outros traballos similares
- Xestión de actividades obxecto dos proxectos a que se refire o apartado anterior, aínda que os proxectos fosen elaborados por un terceiro
- Xestión de toda clase de industrias ou operacións e o exercicio, en xeral respecto delas, das actividades a que se refiren os apartados anteriores