Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

Rama de coñecemento

Enxeñaría e arquitectura

Campus

Campus de Vigo

Materias do título Ficha no centro

Créditos ECTS

240

Cursos

4

Prazas

20

Nota de acceso

10.841 (Ord.) (1)

Prezo

835.80 € (2)(3)

(1) Ord: convocatoria ordinaria, Ext: convocatoria extraordinaria. Nota de acceso do curso 2025/2026
(2) Importe dos créditos ECTS do primeiro curso. Taxas non incluídas
(3) Bonificación equivalente ao 99% do prezo en primeira matrícula segundo decreto da Xunta de Galicia

 

Descrición

O título de Grao en Enxeñería da Automoción -mención dual- achega a formación científico-técnica e socioeconómica necesaria para realizar actividades relacionadas coa concepción, cálculo, deseño, análise, construción, posta en marcha e operación de equipos e instalacións dentro do campo da industria en xeral e, en particular, da industria relacionada co sector da Automoción.

Esta formación capacitará para o desenvolvemento actividades no ámbito profesional con creatividade, espírito crítico e sentido ético, atendendo, en todo caso, ás especificacións e normativas técnicas correspondentes.

Acceso e admisión

  • Bacharelato con PAU superada
  • Ciclos formativos de grao superior
  • Proba de acceso para maiores de 25 ou 45 anos
  • Titulación universitaria previa

Saídas Profesionais

O Grao en Enxeñaría da Automoción achegará aos egresados a formación necesaria para que sexan capaces de realizar, entre outras, as seguintes actividades e funcións:

  • Capacidade para desenvolver actividades relacionadas coa concepción, deseño, elaboración, análise e mantemento de sistemas e compoñentes incorporados aos automóbiles.
  • Desenvolver solucións que den resposta aos problemas de mobilidade que se presentan nas sociedades modernas, sempre baixo os principios de eficiencia e sustentabilidade.
  • Ter a capacidade para mellorar o produto e levar a cabo reenxeñaría de procesos.
  • Capacidade para organizar e controlar a produción en planta, control de calidade e loxística.
  • Ser capaces de aplicar os regulamentos e o cumprimento da normativa no sector do automóbil.
  • Ademais, a formación adquirida tamén permitirá as persoas tituladas levar a cabo actividades relacionadas co proxecto, cálculo, deseño, análise, construción, posta en marcha e operación de equipos e instalacións dentro do campo da industria en xeral e, en particular, da industria da automoción.
  • Por outra banda, tamén estarán capacitados para liderar e dirixir proxectos en contornas multidisciplinares.