Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

Rama de coñecemento

Enxeñaría e arquitectura

Campus

Campus de Vigo

Materias do título Ficha no centro

Créditos ECTS

240

Cursos

4

Prazas

44

Nota de acceso

10.056 (Ord.) (1)

Prezo

835.80 € (2)(3)

(1) Ord: convocatoria ordinaria, Ext: convocatoria extraordinaria. Nota de acceso do curso 2025/2026
(2) Importe dos créditos ECTS do primeiro curso. Taxas non incluídas
(3) Bonificación equivalente ao 99% do prezo en primeira matrícula segundo decreto da Xunta de Galicia

 

Descrición

A Enxeñaría Biomédica é unha nova liña da enxeñaría centrada na aplicación dos principios, técnicas e métodos da enxeñaría ao campo da medicina. Trátase, polo tanto, dunha titulación interdisciplinar relativamente nova na que as técnicas da enxeñaría industrial (enxeñaría mecánica, enxeñaría electrónica e automática, enxeñaría química, enxeñaría da organización…), da enxeñaría informática e da enxeñaría das telecomunicacións se aplican para o análise e resolución de problemas relacionados coa medicina do século XXI.

Perfil de Ingreso

  • Coñecementos básicos sobre matemáticas, física, química, expresión gráfica e informática
  • Capacidade plena para a lectura, reflexión e comunicación oral e escrita
  • Coñecementos dunha lingua estranxeira (preferentemente inglés)
  • Inquietude curiosidade e iniciativa propia
  • Capacidade de traballo en grupo
  • Interese pola titulación e pola profesión para a cal capacita

Acceso e admisión

  • Bacharelato con PAU superada
  • Ciclos formativos de grao superior
  • Proba de acceso para maiores de 25 ou 45 anos
  • Titulación universitaria previa

Saídas Profesionais

  • Fabricación, comercialización e avaliación de dispositivos médicos e de equipos (para a prevención, diagnóstico, tratamento e rehabilitación), materiais especiais, dispositivos para imprantes, próteses e sistemas robóticos para aplicación biomédicas
  • Estratexias relacionadas coa aplicación e posta en servizo de material e sistemas biomédicos
  • Servizos de enxeñaría clínica nos centros sanitarios públicos e privados, no mundo do deporte e do lecer
  • Telemedicina e aplicación telemáticas no diagnóstico e tratamento de doenzas
  • Informática médica, como os programas informáticos e os sistemas de información sanitaria para o tratamento de datos biomédicos e bioimaxinográficos
  • Biotecnoloxía e enxeñaría celular
  • Industria farmacéutica e a industria alimentaria, coa finalidade de analizar e cuantificar a interacción entre medicamentos / sustancias e parámetros biolóxicos
  • Industria manufactureira en xeral: ergonomía de produtos e procesos e impacto das tecnoloxías na saúde humana