Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

Rama de coñecemento

Enxeñaría e arquitectura

Campus

Campus de Vigo

Materias do título Ficha no centro

Créditos ECTS

240

Cursos

4

Prazas

110

Nota de acceso

9.928 (Ord.) (1)

Prezo

835.80 € (2)(3)

(1) Ord: convocatoria ordinaria, Ext: convocatoria extraordinaria. Nota de acceso do curso 2025/2026
(2) Importe dos créditos ECTS do primeiro curso. Taxas non incluídas
(3) Bonificación equivalente ao 99% do prezo en primeira matrícula segundo decreto da Xunta de Galicia

 

Descrición

A formación tradicional en Enxeñaría Mecánica oriéntase cara á adquisición de pericia na resolución de problemas específicos desta rama e cara á capacitación para adaptarse aos cambios tecnolóxicos cos que deberá enfrontarse un estudante deste grao durante a súa vida profesional. Así, dita formación está fundamentada en coñecementos primordiais de ciencia e enxeñaría como son a Física, as Matemáticas, a Expresión Gráfica, a Estatística e a Química. Adicionalmente, a formación específica en Mecánica, Mecánica de Sólidos, Mecánica de Estruturas, Enxeñería Térmica e Mecánica de Fluídos senta as bases para materias máis tecnolóxicas. As materias tecnolóxicas específicas orientan ao alumnado de forma que poida intervir nas actividades propias da súa profesión. Estas materias tamén fomentan a relevancia de considerar aspectos de integración de procesos e uso racional da enerxía nas fases de deseño, cálculo, análise, dimensionamento, verificación, utilización e mantemento de máquinas, procesos, vehículos, estruturas, construcións e instalacións. Actualmente, ademais das habilidades experimentais e metrolóxicas, o graduado ou graduada en Enxeñaría Mecánica debe dominar, de forma transversal, as técnicas de computación que asisten na súa tarefa de diferentes formas e que son ferramentas imprescindibles. Este grao incorpora técnicas asistidas por computador nas diferentes materias onde se require.

Mencións

  • Maquinaria
  • Transporte
  • Construción e instalacións
  • Deseño e fabricación

Perfil de Ingreso

  • Coñecementos básicos sobre matemáticas, física, química, expresión gráfica e informática
  • Capacidade plena para a lectura, reflexión e comunicación oral e escrita
  • Coñecementos dunha lingua estranxeira (preferentemente inglés)
  • Inquietude curiosidade e iniciativa propia
  • Capacidade de traballo en grupo
  • Interese pola titulación e pola profesión para a cal capacita

Acceso e admisión

  • Bacharelato con PAU superada
  • Ciclos formativos de grao superior
  • Proba de acceso para maiores de 25 ou 45 anos
  • Titulación universitaria previa

Saídas Profesionais

  • Deseño, avaliación, control da calidade e dirección de proxectos de construción, montaxe, mantemento e reparación de estruturas, construcións industriais e instalacións
  • Proxectos de enerxías renovables: solar térmica, biomasa e valorización de residuos, xeotermia…
  • Eficiencia enerxética de equipos e instalacións térmicas: cualificación enerxética en edificios, recuperación de calor en procesos industriais
  • Proxectos de deseño e fabricación de pezas, utillaxes e máquinas de funcionalidade final ou proceso mecánico (tecnoloxías CAD/CAM/CAE)