Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

Rama de coñecemento

Enxeñaría e arquitectura

Campus

Campus de Vigo

Materias do título Ficha no centro

Créditos ECTS

240

Cursos

4

Prazas

50

Nota de acceso

5.360 (Ord.) (1)

Prezo

835.80 € (2)(3)

(1) Ord: convocatoria ordinaria, Ext: convocatoria extraordinaria. Nota de acceso do curso 2025/2026
(2) Importe dos créditos ECTS do primeiro curso. Taxas non incluídas
(3) Bonificación equivalente ao 99% do prezo en primeira matrícula segundo decreto da Xunta de Galicia

 

Descrición

O Grao en Enxeñaría en Química Industrial proporciona unha formación asentada nas bases teóricas e nas tecnoloxías propias deste ámbito. Toda persoa graduada en Enxeñaría en Química Industrial poder desempeñar labores de deseño, mantemento e operación de equipos de proceso químico, experimentar con sustancias orgánicas e inorgánicas, transmisión de calor ou transferencia de materia, fluxo de fluídos e enxeñaría da reacción química. Este grao tamén estuda o aproveitamento de materias primas, a química de produtos naturais, analiza os procesos de fabricación, a contaminación ambiental e a seguridade e hixiene industrial. As persoas tituladas desempeñan, polo tanto, a súa actividade profesional especialmente nas industrias nas que se desenvolven procesos químicos, tales como o do petróleo, papel, electricidade, electrónica e do gas, así como no sector do medio ambiente e administracións públicas. Tamén pode dedicarse ao ensino e á investigación.

Mencións

  • Control e optimización de procesos
  • Procesos biotecnolóxicos e medio ambiente

Perfil de Ingreso

  • Coñecementos básicos sobre matemáticas, física, química, expresión gráfica e informática
  • Capacidade plena para a lectura, reflexión e comunicación oral e escrita
  • Coñecementos dunha lingua estranxeira (preferentemente inglés)
  • Inquietude curiosidade e iniciativa propia
  • Capacidade de traballo en grupo
  • Interese pola titulación e pola profesión para a cal capacita

Acceso e admisión

  • Bacharelato con PAU superada
  • Ciclos formativos de grao superior
  • Proba de acceso para maiores de 25 ou 45 anos
  • Titulación universitaria previa

Saídas Profesionais

Este grao capacita ao estudantado para exercer a súa actividade profesional no ámbito da industria química e do proceso, así como nos sectores afíns coma o enerxético, biotecnolóxico ou ambiental:

  • Optimización e control de procesos:
    • Control e optimización dos procesos da industria química
    • Xestión e optimización de operación da industria de proceso
  • Biotecnoloxía e Tecnoloxía Electroquímica:
    • Deseño e control de biorreactores
    • Aplicacións industriais da Biotecnoloxía: Recuperación de produtos naturais, fermentacións industriais, etc.
    • Aplicacións tecnolóxicas da Electroquímica: tratamento de superficies, baterías e pilas de combustible, protección de materiais, etc.
  • Tecnoloxía medioambiental:
    • Xestión e tratamento de efluentes urbanos e industriais
    • Xestión, valorización e tratamento de residuos
    • Produción de biocombustibles líquidos e de gas
    • Redución e tratamento de emisións de gas (captura de CO2)