Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

Rama de coñecemento

Enxeñaría e arquitectura

Campus

Campus de Vigo

Materias do título Ficha no centro

Créditos ECTS

240

Cursos

4

Prazas

64

Nota de acceso

9.462 (Ord.) (1)

Prezo

835.80 € (2)(3)

(1) Ord: convocatoria ordinaria, Ext: convocatoria extraordinaria. Nota de acceso do curso 2025/2026
(2) Importe dos créditos ECTS do primeiro curso. Taxas non incluídas
(3) Bonificación equivalente ao 99% do prezo en primeira matrícula segundo decreto da Xunta de Galicia

 

Descrición

A formación do Grao en Enxeñaría en Organización Industrial na Universidade de Vigo ten como obxecto dotar dos coñecementos, técnicas, habilidades e actitudes propias da profesión a todas aquelas persoas matriculadas e capacitalas para organizar sistemas produtivos, melloralos e xestionar os recursos que ven implicados dentro das actividades industriais e de servizos de forma racional e sustentable. Unha das principais características do Grao en Enxeñaría en Organización Industrial, pola combinación dos contidos tecnolóxicos e de organización e xestión que nel desenvólvense, é a versatilidade para afrontar con éxito situacións moi diversas coas que se poden atopar as persoas graduadas ao longo da súa carreira profesional.

Mencións

  • Produción e loxística
  • Xestión empresarial

Perfil de Ingreso

  • Coñecementos básicos sobre matemáticas, física, química, expresión gráfica e informática
  • Capacidade plena para a lectura, reflexión e comunicación oral e escrita
  • Capacidade de análise de problemas para a súa resolución
  • Coñecementos dunha lingua estranxeira (preferentemente inglés)
  • Inquietude, curiosidade e iniciativa propia
  • Capacidade de traballo en grupo
  • Interese pola titulación e pola profesión para a que capacita

Acceso e admisión

  • Bacharelato con PAU superada
  • Ciclos formativos de grao superior
  • Proba de acceso para maiores de 25 ou 45 anos
  • Titulación universitaria previa

Saídas Profesionais

  • Xestión da produción
  • Mellora dos procesos
  • Xestión de aprovisionamentos
  • Xestión de almacéns e do transporte
  • Xestión da calidade
  • Xestión do mantemento
  • Consultoría organizativa e técnica
  • Marketing e a xestión comercial
  • Xestión da innovación e da tecnoloxía
  • Xestión dos recursos humanos
  • Xestión financeira