Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

Rama de coñecemento

Enxeñaría e arquitectura

Campus

Campus de Ourense

Materias do título Ficha no centro

Créditos ECTS

240

Cursos

4

Prazas

50

Nota de acceso

12.130 (Ord.) (1)

Prezo

835.80 € (2)(3)

(1) Ord: convocatoria ordinaria, Ext: convocatoria extraordinaria. Nota de acceso do curso 2025/2026
(2) Importe dos créditos ECTS do primeiro curso. Taxas non incluídas
(3) Bonificación equivalente ao 99% do prezo en primeira matrícula segundo decreto da Xunta de Galicia

 

Descrición

O Grao en Enxeñaría Aeroespacial forma futuros Enxeñeiros/as, Técnicos/as Aeronáuticos/as (profesión regulada) que se ocupan do deseño, construción, mantemento e mellora de aeronaves e vehículos espaciais, así coma de todo o equipamento, subsistemas e infraestruturas que requiren.

Perfil de Ingreso

O estudantado interesado en cursar este grao deberá ter interese polos sistemas de transporte aéreo, as infraestruturas de aeronavegación e aeroportos, así como polos materiais para a construción de aeronaves e vehículos espaciais ou sistemas de propulsión aeroespacial.

Acceso e admisión

  • Bacharelato con ABAU superada
  • Ciclos formativos de grao superior
  • Proba de acceso para maiores de 25 ou 45 anos
  • Titulación universitaria previa

Saídas Profesionais

  • Deseño, fabricación, desenvolvemento, mantemento e mellora de aeronaves ou vehículos espaciais, sistemas de propulsión aeroespacial, infraestruturas dos aeroportos, aeronavegación e calquera sistema de transporte aéreo ou xestión do tráfico aéreo
  • Verificación e certificación aeronáutica: redacción e dirección de proxectos de peritación, certificados de navegabilidade, inspeccións de material aeroespacial, ditames e asesoramento técnico en áreas relativas á súa especialidade, control de calidade, ensaios técnico- experimentais
  • Medio ambiente: análise e avaliación do impacto ambiental e social dos técnicos