Rama de coñecemento
Enxeñaría e arquitectura
Ciencias
Campus
Campus de Ourense
Centro
Créditos ECTS
366
Cursos
5
Prazas
6
Nota de acceso
8.079 (Ext.) (1)
Prezo
835,80 € (2)(3)
(1) Ord: convocatoria ordinaria, Ext: convocatoria extraordinaria. Nota de acceso do curso 2025/2026
(2) Importe dos créditos ECTS do primeiro curso. Taxas non incluídas
(3) Bonificación equivalente ao 99% do prezo en primeira matrícula segundo decreto da Xunta de Galicia
Descrición
A simultaneidade en Enxeñería Agraria e Ciencias Ambientais ofrece unha formación integral enfocada a formar profesionais que o lideren os grandes desafíos do sector agrario e ambientais achegando solucións tecnolóxicas e sostibles. A rama de Enxeñería Agraria proporcionará ao alumnado unha sólida base científica e tecnolóxica orientada ao deseño, xestión e dirección de explotacións agrícolas, gandeiras e agroindustriais. Ademais, proporcionará unha ampla formación en infraestruturas e procesos asociados á produción primaria e á transformación das materias primas. A rama de Ciencias Ambientais proporcionada ao alumnado unha visión global e multidisciplinar que o capacitará para analizar e afrontar diferentes problemas ambientais. Estes profesionais serán capaces de comprender a complexidade dos sistemas naturais avaliar os diferentes impactos ambientais que os poidan afectar e propoñer diferentes medidas de prevención conservación e xestión do medio Esta simultaneidade combina o coñecemento técnico coa sustentabilidade ambiental polo que se conseguirá unha proxección profesional ampla adaptada á sociedade actual e futura.
Itinerarios
- Itinerario EA (Mención: Hortofruticultura e Xardinaría) e CCAA (Sen Mención) - 366 ECTS
- Itinerario EA (Mención: Hortofruticultura e Xardinaría) e CCAA (Mención: Xestión Ambiental) - 366 ECTS
- Itinerario EA (Mención: Hortofruticultura e Xardinaría) e CCAA (Mención: Procesos Atmosféricos e Clima) - 366 ECTS
- Itinerario EA (Mención: Industrias Agrarias e Alimentarias) e CCAA (Sen Mención) - 372 ECTS
- Itinerario EA (Mención: Industrias Agrarias e Alimentarias) e CCAA (Mención: Xestión Ambiental) - 372 ECTS
- Itinerario EA (Mención: Industrias Agrarias e Alimentarias) e CCAA (Mención: Procesos Atmosféricos e Clima) - 372 ECTS
Acceso e admisión
- Bacharelato con ABAU superada
- Ciclos formativos de grao superior
- Proba de acceso para maiores de 25 ou 45 anos
- Titulación universitaria previa
Saídas Profesionais
- Planificador e xestor de espazos naturais e paisaxe
- Técnico da administración pública: Axenda 21 Local, desenvolvemento sostible, vixilancia ambiental
- Auditor de sistemas de xestión ambiental
- Residuos, reciclaxe e tecnoloxía de xestión da calidade en industrias, agricultura e gandería
- Xestor de recursos hídricos e tratamento de augas
- Avaliación de Impacto Ambiental
- Plans de desenvolvemento rural
- Cambio climático
- Realización de medicións, cálculos, valoracións, taxacións, peritaxes, estudos, informes, plans de traballo e outros traballos similares
- Xestión de actividades obxecto dos proxectos a que se refire o apartado anterior, aínda que os proxectos fosen elaborados por un terceiro
- Xestión de toda clase de industrias ou operacións e o exercicio, en xeral respecto delas, das actividades a que se refiren os apartados anteriores