Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

Rama de coñecemento

Ciencias

Campus

Campus de Ourense

Materias do título Ficha no centro

Créditos ECTS

240

Cursos

4

Prazas

42

Nota de acceso

5.214 (Ext.) (1)

Prezo

835.80 € (2)(3)

(1) Ord: convocatoria ordinaria, Ext: convocatoria extraordinaria. Nota de acceso do curso 2025/2026
(2) Importe dos créditos ECTS do primeiro curso. Taxas non incluídas
(3) Bonificación equivalente ao 99% do prezo en primeira matrícula segundo decreto da Xunta de Galicia

 

Descrición

O Grao en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos ofrece unha aproximación científica e tecnolóxica á industria alimentaria sobre todo o proceso de elaboración dos alimentos, dende a obtención das materias primas ata o proceso de distribución e venda e pasando pola produción, a conservación e o control da calidade tanto dos alimentos como das instalacións onde son manipulados e almacenados.

Mencións

Enoloxía

Perfil de Ingreso

Persoas con interese por coñecer e comprender:

  • Os riscos alimentarios, a súa análise e avaliación
  • Os procedementos e mecanismos de análises de alimentos
  • As normativas vixentes en materia de alimentación, tanto nacionais como internacionais
  • Os procesos de xestión da seguridade alimentaria

Acceso e admisión

  • Bacharelato con ABAU superada
  • Ciclos formativos de grao superior
  • Proba de acceso para maiores de 25 ou 45 anos
  • Titulación universitaria previa

Saídas Profesionais

  • Industria alimentaria (produción, departamentos de I+D+i)
  • Laboratorios de análises de alimentos
  • Consultorías privadas (xestión da calidade, seguridade alimentaria, composición de alimentos)
  • Comercialización, comunicación e mercadotecnia
  • Docencia e investigación