Rama de coñecemento: Ciencias sociais e xurídicas

Campus: Campus de Pontevedra

Centro
Facultade de Dirección e Xestión Pública

Materias do título

Ficha no centro

 

Créditos ECTS

240

Cursos

4

Prazas

25

Nota de acceso

7.282 (Ext.) (1)

Prezo

591.00 € (2)

(1) Ord: convocatoria ordinaria, Ext: convocatoria extraordinaria. Nota de acceso do curso 2024/2025
(2) Importe dos créditos ECTS do primeiro curso. Taxas non incluídas

 

Descrición

A principal fortaleza deste grao é o seu carácter multidisciplinario que combina as seguintes áreas de coñecemento: ciencia política e da administración, contabilidade, dereito, economía, empresa, estatística, informática, mercadotecnia e socioloxía. Grazas a esta heteroxeneidade de coñecementos o grao orienta ao estudantado dunha maneira integral cara á dirección e xestión das organizacións públicas e privadas cunha relación estreita coa Administración (xestorías administrativas, consultorías, etc.).

Perfil de Ingreso

Estudantado con interese pola xestión nas diferentes administracións públicas, así como en organizacións privadas e sociais que traballan en proxectos e servizos públicos.

Acceso e admisión

  • Bacharelato con ABAU superada
  • Ciclos formativos de grao superior
  • Proba de acceso para maiores de 25 ou 45 anos
  • Titulación universitaria previa

Saídas Profesionais

  • Técnico de organizacións públicas estatais, autonómicas, locais e comunitarias, que inclúe dous perfís: xestor de administracións públicas (administración xeral); e, b) xestor de proxectos de políticas públicas e servizos públicos (calquera nivel de goberno).
  • Técnico de organizacións privadas e sociais que traballan para as administracións públicas, con tres perfiles: a) técnico en xestorías administrativas e organizacións de consultoría (subvencións, rendas, tramitación sedes electrónicas); b) técnico organizacións non gobernamentais e sector non lucrativo (contratación, proxectos, participados); e, c) xestor administrativo en institucións sociais e políticas