Rama de coñecemento: Ciencias da saúde

Campus: Campus de Vigo

Centro
E.U. de Enfermaría (Meixoeiro)

Materias do título

Ficha no centro

 

Créditos ECTS

240

Cursos

4

Prazas

50

Nota de acceso

11.110 (Ord.) (1)

Prezo

835.80 € (2)

(1) Ord: convocatoria ordinaria, Ext: convocatoria extraordinaria. Nota de acceso do curso 2022/2023
(2) Importe dos créditos ECTS do primeiro curso. Taxas non incluídas

 

Descrición

O desenvolvemento da profesión de enfermaría contribúe a promover, protexer e mellorar a saúde, a seguridade e o benestar da poboación, previr as doenzas e as súas consecuencias, así como favorecer a sustentabilidade do sistema sanitario. Con estes obxectivos nace o Grao en Enfermaría impartido nos tres campus da Universidade de Vigo.

Perfil de Ingreso

Recoméndase que o alumnado que desexe cursar esta titulación conte con unha actitude de axuda ás persoas, unha visión integral que permita relacionar todas as dimensións do ser humano, ter unha adecuada disposición para o traballo en equipo, o estudo continuado, reflexivo e crítico, a adaptación continua ao cambio e o manexo de situacións con gran carga física e emocional. Ademais, requírese responsabilidade, equilibrio, madurez persoal e boa saúde. Ademais, sería recomendable:

  • Motivación ante a elección da titulación
  • Boa capacidade de expresión oral en castelán e galego
  • Capacidade de análise
  • Capacidade de síntese
  • Capacidade de liderado
  • Capacidade para procurar fontes bibliográficas
  • Conciencia da necesidade de formación continua ao longo da vida
  • Suficientes coñecementos de bioloxía, estatística, física e química
  • Lectura comprensiva
  • Coñecementos básicos de informática (nivel de usuario)
  • Capacidade para ler e escribir en inglés

Acceso e admisión

  • Bacharelato con ABAU superada
  • Ciclos formativos de grao superior
  • Proba de acceso para maiores de 25, 40 ou 45 anos
  • Titulación universitaria previa

Saídas Profesionais

  • Enfermeiro/a asistencial (nivel primario de saúde, atención especializada ou atención sociosanitaria, institucións penais, defensa, ONGs, comercial de produtos hospitalarios)
  • Docencia
  • Investigación
  • Xestión