Créditos ECTS
240
Cursos
4
Prazas
50
Nota de acceso
11.122 (Ord.) (1)
Prezo
835.80 € (2)
(1) Ord: convocatoria ordinaria, Ext: convocatoria extraordinaria. Nota de acceso do curso 2024/2025
(2) Importe dos créditos ECTS do primeiro curso. Taxas non incluídas
Descrición
O desenvolvemento da profesión de enfermaría contribúe a promover, protexer e mellorar a saúde, a seguridade e o benestar da poboación, previr as doenzas e as súas consecuencias, así como favorecer a sustentabilidade do sistema sanitario. Con estes obxectivos nace o Grao en Enfermaría impartido nos tres campus da Universidade de Vigo.
Perfil de Ingreso
Recoméndase que o alumnado que desexe cursar esta titulación conte con unha actitude de axuda ás persoas, unha visión integral que permita relacionar todas as dimensións do ser humano, ter unha adecuada disposición para o traballo en equipo, o estudo continuado, reflexivo e crítico, a adaptación continua ao cambio e o manexo de situacións con gran carga física e emocional. Ademais, requírese responsabilidade, equilibrio, madurez persoal e boa saúde. Ademais, sería recomendable:
- Motivación ante a elección da titulación
- Boa capacidade de expresión oral en castelán e galego
- Capacidade de análise
- Capacidade de síntese
- Capacidade de liderado
- Capacidade para procurar fontes bibliográficas
- Conciencia da necesidade de formación continua ao longo da vida
- Suficientes coñecementos de bioloxía, estatística, física e química
- Lectura comprensiva
- Coñecementos básicos de informática (nivel de usuario)
- Capacidade para ler e escribir en inglés
Acceso e admisión
- Bacharelato con ABAU superada
- Ciclos formativos de grao superior
- Proba de acceso para maiores de 25 ou 45 anos
- Titulación universitaria previa
Saídas Profesionais
- Enfermeiro/a asistencial (nivel primario de saúde, atención especializada ou atención sociosanitaria, institucións penais, defensa, ONGs, comercial de produtos hospitalarios)
- Docencia
- Investigación
- Xestión