Rama de coñecemento: Ciencias sociais e xurídicas

Campus: Campus de Vigo

Centro
EU de Profesorado de E.X.B.

Materias do título

Ficha no centro

 

Créditos ECTS

240

Cursos

4

Prazas

75

Nota de acceso

5.580 (Ext.) (1)

Prezo

4000.00 € (2)

(1) Ord: convocatoria ordinaria, Ext: convocatoria extraordinaria. Nota de acceso do curso 2022/2023
(2) Importe dos créditos ECTS do primeiro curso. Taxas non incluídas

 

Descrición

Presenta como obxectivos fundamentais a formación psicopedagóxica, lingüística, sociolóxica, científica, tecnolóxica, artística e axiolóxica do futuro profesorado de educación primaria, titulación con longa tradición e interese tanto na nosa contorna coma no conxunto do país.

Mencións

  • Afondamento curricular
  • Audición e linguaxe

Perfil de Ingreso

Este grao está dirixido ao estudantado interesado no exercicio do ensino, especialmente con nenas e nenos entre 6 e 12 anos. Este estudantado debe mostrar interese nas actividades humanitarias, a responsabilidade e o compromiso ético, crítico e autocrítico. É necesario que teña a capacidade de traballar en grupo, ser persuasivo, con espírito emprendedor e con facilidade para as relacións interpersoais. Así tamén, debe posuír un bo coñecemento do español e galego, así como ter nocións básicas dunha lingua estranxeira e un bo coñecemento nos campos da ciencia, matemáticas, informática, educación física e expresión artística.

Acceso e admisión

  • Bacharelato con ABAU superada
  • Ciclos formativos de grao superior
  • Proba de acceso para maiores de 25, 40 ou 45 anos
  • Titulación universitaria previa

Saídas Profesionais

Mestre/a en Educación Primaria