Rama de coñecemento: Enxeñaría e arquitectura

Campus: Campus de Vigo

Centro
Escola de Enxeñaría Industrial

Materias do título

Ficha no centro

 

Créditos ECTS

330

Cursos

6

Prazas

6

Nota de acceso

11.801 (Ord.) (1)

Prezo

835.80 € (2)

(1) Ord: convocatoria ordinaria, Ext: convocatoria extraordinaria. Nota de acceso do curso 2022/2023
(2) Importe dos créditos ECTS do primeiro curso. Taxas non incluídas

 

Descrición

Este programa conxunto deseñouse, fundamentalmente, co obxectivo principal de mellora na formación e a empregabilidade do estudantado universitario. O feito de combinar estas titulacións vai máis aló de obter dúas titulacións senón de dotar dos coñecementos e competencias en ambos os ámbitos ao estudantado, o que amplifica os postos de traballo aos que se pode aspirar e fai do perfil das persoas egresadas un dos máis atractivos do mercado para as empresas pola súa especialización e, ao mesmo tempo, por unha maior polivalencia.
Unha persoa que estuda a orientación de Enxeñaría Biomédica no ámbito dos sinais, da electro-medicina, instrumentación electrónica… poderá reforzar estes contidos co outro grao de Enxeñaría en Electrónica Industrial e Automática, enriquecendo así a súa formación e proporcionándolle unha maior visión do ámbito da aplicación dos seus coñecementos.
Unha porcentaxe elevada de estudantes que empezan a universidade, mostran interese por máis dunha titulación, por iso a vía dos programas conxuntos pode axudar a mellorar as opcións. É dicir, un programa conxunto pode axudar a facer unha selección que encaixe mellor co estudantado que desexa abarcar varias cousas de forma conxunta sen ter que decantarse por unha delas especificamente.

Perfil de Ingreso

Estudar esta modalidade implica unha gran motivación e preocupación pola adquisición dun coñecemento amplo co obxectivo de dar unha resposta adecuada aos problemas máis complexos. Á súa vez, o PCEO proporciona capacidade para contar con máis recursos á hora de resolver calquera tipo de situación, cubrindo un abanico moito máis amplo de necesidades nas empresas.

Acceso e admisión

  • Bacharelato con ABAU superada
  • Ciclos formativos de grao superior
  • Proba de acceso para maiores de 25, 40 ou 45 anos
  • Titulación universitaria previa

Saídas Profesionais

No ámbito da Enxeñaría Biomédica está altamente implementado o uso de sensores nas medicións de parámetros para diagnosticar enfermidades, o emprego cada vez maior de dispositivos e instrumentación electrónica na diagnose e na aplicación de tratamentos, ao mesmo tempo que o emprego de novos materiais, o deseño e fabricación de aparellos mecánicos que axuden a mobilidade daquelas persoas que sufran algunha discapacidade son, sen dúbida, elementos esenciais no desenvolvemento do sector sanitario, que aborda esta titulación.
Por outra banda, o importante avance que experimentou o sector sanitario durante os últimos anos non sería posible sen a achega de novas e avanzadas tecnoloxías, que permitiron o desenvolvemento de novas solucións a problemas médicos e sociais relacionados con enfermidades e discapacidades, a análise da eficacia, efectividade e seguridade de tales solucións e a xestión de recursos, sistemas de información e sistemas de comunicación ao entorno socio-sanitario.
Ademais, o estudantado que curse este Programa Conxunto poderá dispoñer dunha titulación adicional con atribucións profesionais (a nivel de Enxeñeira/o Técnica/o Industrial en Electrónica Industrial e Automática), o que lle proporciona, nun primeiro momento, unha maior garantía para o seu desenvolvemento profesional futuro.
As áreas nas que se desenvolve este programa conxunto son moi demandadas polas empresas, polo que o desenvolvemento profesional vese altamente favorecido. Cabe destacar que se trata de titulacións cunha moi boa valoración no mercado e que contan cunha longa traxectoria na Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo.