Rama de coñecemento: Enxeñaría e arquitectura

Campus: Campus de Vigo

Centro
Escola de Enxeñaría Industrial

Materias do título

Ficha no centro

 

Créditos ECTS

240

Cursos

4

Prazas

20

Nota de acceso

5.000 (Ext.) (1)

Prezo

835.80 € (2)

(1) Ord: convocatoria ordinaria, Ext: convocatoria extraordinaria. Nota de acceso do curso 2022/2023
(2) Importe dos créditos ECTS do primeiro curso. Taxas non incluídas

 

Descrición

O Grao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais proporciona unha formación multidisciplinar cunha sólida base de habilidades e coñecementos científico-tecnolóxicos.
Esta formación facilita o acceso e a superación de estudos de mestrado que, xunto con este grao, configura un programa integrado de estudos que habilita para a profesión de enxeñeiro/a Industrial.
Proporciona unha base científica e tecnolóxica multidisciplinar, con formación xeralista sólida e integradora en todas as ramas da enxeñaría: mecánica, eléctrica, enerxética, electrónica, automática, de construción e instalacións, de materiais, química, de deseño, medio ambiente, organización e dirección de proxectos e empresas.
A versatilidade e a capacidade de adaptación de toda persoa titulada neste ámbito tamén lle permite o desenvolvemento da súa formación mediante outros mestrados, como os de especialización nas áreas de coñecemento tradicionais ou emerxentes (nanotecnoloxías, novos materiais…) ou mestrados orientados á investigación e posterior desenvolvemento de estudos de doutoramento.
O Grao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais ten fundamentalmente dúas finalidades:

  1. A creación de técnicos/as polivalentes e xeralistas cunha formación en física e matemáticas e que, a pesares de non contar con atribucións profesionais, serían totalmente válidos/as no mundo industrial en, por exemplo, departamentos de I+D empresarial, postos de responsabilidade en Pymes, formando parte de equipos de traballo multidisciplinares ou adicados/adicadas á docencia en centros de ensino secundario ou módulos de formación profesional.
  2. Proporcionar ao estudantado unha sólida base de habilidades e coñecementos científico-tecnolóxicos que faciliten o acceso e a superación de estudos de Mestrado. Estes mestrado poden o Mestrado en Enxeñaría Industrial, mestrados de especialización en áreas de coñecemento tradicionais (Enxeñaría Mecánica, Eléctrica, etc.) ou emerxentes (MBA, Bioenxeñaría, Nanotecnoloxías, Novos Materiais…), ou mestrados orientados á Investigación e posterior desenvolvemento do Doutoramento.

Perfil de Ingreso

  • Coñecementos básicos sobre matemáticas, física, química, expresión gráfica e informática
  • Capacidade plena para a lectura, reflexión e comunicación oral e escrita
  • Coñecementos dunha lingua estranxeira (preferentemente inglés)
  • Inquietude curiosidade e iniciativa propia
  • Capacidade de traballo en grupo
  • Interese pola titulación e pola profesión para a cal capacita

Acceso e admisión

  • Bacharelato con ABAU superada
  • Ciclos formativos de grao superior
  • Proba de acceso para maiores de 25, 40 ou 45 anos
  • Titulación universitaria previa

Saídas Profesionais

  • Estas persoas graduadas son as mellor preparadas para acceder con garantía de éxito aos estudos de mestrado en Enxeñaría Industrial que outorga as atribucións plenas do/da enxeñeiro/a industrial
  • Grazas a unha sólida formación científica e a unha variedade de coñecementos en diversas tecnoloxías, presentan un carácter xeralista e multidisciplinar
  • Posibilidade de desempeño de postos de responsabilidade en PYMES ou formando parte de equipos de traballo multidisciplinares en calquera tipo de empresa
  • Capacidade de integración de coñecementos de diferentes áreas para a redacción e desenvolvemento de proxectos no ámbito da enxeñaría industrial