Rama de coñecemento: Enxeñaría e arquitectura

Campus: Campus de Vigo

Centro
Escola de Enxeñaría Industrial

Materias do título

Ficha no centro

 

Créditos ECTS

240

Cursos

4

Prazas

70

Nota de acceso

7.972 (Ext.) (1)

Prezo

835.80 € (2)

(1) Ord: convocatoria ordinaria, Ext: convocatoria extraordinaria. Nota de acceso do curso 2022/2023
(2) Importe dos créditos ECTS do primeiro curso. Taxas non incluídas

 

Descrición

O interese da titulación ven determinado polas características das dúas materias básicas que a constitúen: Automática e Electrónica Industrial. Estas materias teñen impulsado un cambio importante na actividade económica debido á maior presenza da automatización e intelixencia nos procesos e produtos, cada vez mais complexos, soportándose na informática e nas comunicacións. Hoxe en día non se pode concibir unha liña de produción sen un elevado grao de automatización e unha xestión a través de métodos informáticos e integrada en varios niveis.
Os produtos e sistemas actuais tenden cara unha maior funcionalidade e precisión, baseada na integración dos compoñentes informáticos, sensores e da microelectrónica. Este é o campo de actuación do Grao en Enxeñaría en Electrónica Industrial e Automática.

Perfil de Ingreso

  • Coñecementos básicos sobre matemáticas, física, química
  • Inquietude e curiosidade sobre o mundo da ciencia e da tecnoloxía en todos os seus ámbitos, en especial, no relacionado co ámbito da titulación
  • Sensibilidade para recoñecer as limitacións dos demais e facilitar o seu aprendizaxe
  • Capacidades básicas para a expresión oral e escritura xunto coa comprensión lectora
  • Habilidades sociais básicas para o traballo en equipo
  • Capacidade de abstracción, análise, síntese e razoamento lóxico
  • Capacidade de percepción e atención
  • Sentido da organización e o método
  • Sentido práctico e visión espacial

Acceso e admisión

  • Bacharelato con ABAU superada
  • Ciclos formativos de grao superior
  • Proba de acceso para maiores de 25, 40 ou 45 anos
  • Titulación universitaria previa

Saídas Profesionais

  • Deseño, análise, integración e mantemento de sistemas e equipamentos electrónicos e instalación industriais automatizadas e automatización de maquinaria
  • Xestión e organización comercial de empresas de produtos e sistemas electrónicos e/ou automáticos e/ou informáticos
  • Dirección e xestión de proxectos de I+D en: automatización, comunicacións industriais, transporte (ferrocarril, avión, automoción), enerxías renovables e nos sistemas electrónicos automatizados en medicina e domótica
  • Informática industrial, programación de robots e de autómatas programables e sistemas electrónicos programables en xeral