Rama de coñecemento: Ciencias

Campus: Campus de Vigo

Centro
Facultade de Ciencias do Mar

Materias do título

Ficha no centro

 

Créditos ECTS

240

Cursos

4

Prazas

70

Nota de acceso

6.150 (Ord.) (1)

Prezo

835.80 € (2)

(1) Ord: convocatoria ordinaria, Ext: convocatoria extraordinaria. Nota de acceso do curso 2022/2023
(2) Importe dos créditos ECTS do primeiro curso. Taxas non incluídas

 

Descrición

O Grao en Ciencias do Mar ten como obxectivo a preparación científica e práctica de profesionais en relación co ámbito mariño e litoral, proporcionando ás persoas egresadas unha formación multi e pluri disciplinar aplicable a actividades pesqueiras, acuicultura, oceanografía, medio ambiente e a súa protección, Xestión e ordenación do litoral, turismo sostible, novos recursos alimentarios, minerais de interese industrial e enerxías renovables.

Perfil de Ingreso

Os coñecementos previos recomendables para aquel estudantado que queira cursar Ciencias do Mar son os de Bacharelato de ciencias, no que se imparten as catro disciplinas científicas básicas: Bioloxía, Xeoloxía, Física – Química e Matemáticas, así como capacidades para a aprendizaxe, carácter emprendedor e un nivel, ao menos, de iniciación na investigación básica.

Acceso e admisión

Estudantes procedentes de Bacharelato (do ámbito científico ou tecnolóxico) que teñan superada a proba de acceso á universidade (ABAU), así como de técnicos/as superiores formados/as nos ciclos superiores de formación profesional (CSFP) das vías científica e sanitaria. Asemade é posible o ingreso de titulados/as universitarios/as doutros graos con perfil científico-técnico.

Saídas Profesionais

  • Investigación mariña
  • Pesca, acuicultura e marisqueo
  • Exploración, explotación e xestión de recursos mariños
  • Consultorías medioambientais e de enxeñaría de costa
  • Xestión, economía, lexislación e contaminación do medio mariño
  • Docencia