Rama de coñecemento: Enxeñaría e arquitectura

Campus: Campus de Vigo

Centro
Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía

Materias do título

Ficha no centro

 

Créditos ECTS

240

Cursos

4

Prazas

50

Nota de acceso

5.082 (Ext.) (1)

Prezo

835.80 € (2)

(1) Ord: convocatoria ordinaria, Ext: convocatoria extraordinaria. Nota de acceso do curso 2022/2023
(2) Importe dos créditos ECTS do primeiro curso. Taxas non incluídas

 

Descrición

O grado en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos ten por obxectivo proporcionar a formación e as competencias necesarias para o exercicio da profesión regulada de enxeñaría técnica en minas. Son tres as tecnoloxías que se ofertan: “Recursos Enerxéticos, Combustibles e Explosivos”, “Explotación de Minas” e “Mineralurxia e Metalurxia”.
O grao afonda na formación relativa á investigación e explotación dos recursos mineiros (rocas e minerais, espazos subterráneos, augas…). Ademais, proporciona a formación axeitada no ámbito correspondente á transformación e uso destes recursos na industria: produción e uso de materiais metálicos, aceiros, polímeros e compostos.
Todas estas actividades deben ser realizadas polo futuro profesional de forma segura, rendible e compatible co medioambiente, o que xustifica que o plan de estudos contemple materias de carácter transversal de economía e empresas, seguridade e prevención de riscos e medioambiente.

Mencións

  • Recursos Enerxéticos, combustibles e explosivos
  • Explotación de minas
  • Mineralurxia e metalurxia

Perfil de Ingreso

Interese por estudos de enxeñaría multidisciplinar relacionados con recursos mineiros, enerxéticos e materiais no marco da sustentabilidade.

Acceso e admisión

  • Bacharelato con ABAU superada
  • Ciclos formativos de grao superior
  • Proba de acceso para maiores de 25, 40 ou 45 anos
  • Titulación universitaria previa

Saídas Profesionais

A persoa graduada en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos poderá desenvolver a súa actividade profesional nos seguintes sectores:

  • Xestión de recursos e protección do medioambiente
  • Xeración, transformación e transporte de enerxía: centrais térmicas e hidráulicas, ciclos combinados, centrais nucleares, enerxía eólica, enerxía solar, enerxía xeotérmica e outras enerxías
  • Explosivos, demolición e obra civil, extracción de materias primas, plantas de tratamento, reciclaxe
  • Metalurxia, materiais tradicionais (aceiros, metais, materiais de construción) e novos materiais
  • Explotación, prospección e explotación de recursos xeolóxicos e minerais: combustibles fósiles (carbón, petróleo e gas), minerais, rocas, auga, espazos subterráneos