Rama de coñecemento: Enxeñaría e arquitectura

Campus: Campus de Vigo

Centro
Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía

Materias do título

Ficha no centro

 

Créditos ECTS

240

Cursos

4

Prazas

50

Nota de acceso

5.580 (Ext.) (1)

Prezo

835.80 € (2)

(1) Ord: convocatoria ordinaria, Ext: convocatoria extraordinaria. Nota de acceso do curso 2022/2023
(2) Importe dos créditos ECTS do primeiro curso. Taxas non incluídas

 

Descrición

O grao proporciona a formación para profesionais que desenvolverán a súa actividade profesional na área de enxeñaría de procesos enerxéticos, dende a xeración de enerxía ata a súas diferentes aplicacións. A formación está centrada nos procesos que teñen lugar dende a xeración de enerxía ata o nivel de usuario/a do servizo de enerxía eléctrica e/ou térmica final.

Mencións

  • Tecnoloxías enerxéticas
  • Eficiencia enerxética

Perfil de Ingreso

Interese por estudos de enxeñaría multidisciplinar relacionados especificamente cos recursos enerxéticos e a súa transformación, dende a xeración da enerxía ata o seu transporte, utilización e xestión. Este grao proporciona formación para desenvolver tecnoloxías, procesos e sistemas eficientes e sustentables.

Acceso e admisión

  • Bacharelato con ABAU superada
  • Ciclos formativos de grao superior
  • Proba de acceso para maiores de 25, 40 ou 45 anos
  • Titulación universitaria previa

Saídas Profesionais

  • Enerxías renovables: xeotermia, enerxía solar, biomasa, enerxía eólica, enerxía hidráulica, etc…
  • Enerxías renovables incipientes: enerxía mareomotriz, enerxía undimotriz
  • Aforro e eficiencia enerxética
  • Centrais térmicas e hidroeléctricas
  • Novas tecnoloxías enerxéticas. Biocombustibles, pilas de combustible
  • Xeración, transmisión e conversión da enerxía térmica
  • Xeración, transporte ou utilización da enerxía eléctrica
  • Combustibles convencionais: gas, petróleo, carbón
  • Auditorías enerxéticas