Rama de coñecemento: Ciencias sociais e xurídicas

Campus: Campus de Vigo

Centro
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo

Materias do título

Ficha no centro

 

Créditos ECTS

240

Cursos

4

Prazas

72

Nota de acceso

5.890 (Ext.) (1)

Prezo

591.00 € (2)

(1) Ord: convocatoria ordinaria, Ext: convocatoria extraordinaria. Nota de acceso do curso 2022/2023
(2) Importe dos créditos ECTS do primeiro curso. Taxas non incluídas

 

Descrición

Este grao pretende proporcionar unha formación integral e multidisciplinar no ámbito socio-laboral para deseñar e implantar estratexias e políticas de recursos humanos e intervención no mercado de traballo, así como participar na comunicación en diversos ámbitos de actuación coma o asesoramento laboral, xestión e dirección de persoal, etc.

Perfil de Ingreso

Estudantado interesado no desenvolvemento das diversas profesións de contido xurídico, tanto mediante o exercicio autónomo da profesión como a través de oposición ou outros sistemas de selección para o emprego público; tamén e de forma especial, mediante a incorporación ao mundo empresarial.

Acceso e admisión

  • Bacharelato con ABAU superada
  • Ciclos formativos de grao superior
  • Proba de acceso para maiores de 25, 40 ou 45 anos
  • Titulación universitaria previa

Saídas Profesionais

  • Asesoría: consultoría de empresas e asesoría laboral, arbitraxe-asesoría en negociacións, asesoría en convenios colectivos, asesoría para avaliar condicións de traballo, asesoramento fiscal e contable, en xubilacións, pensións, desemprego, seguridade e hixiene no traballo…
  • Prevención de riscos laborais: control e prevención en cuestión de seguridade e hixiene no traballo, control de medidas de seguridade na empresa, colaboración cos servizos médicos de empresa
  • Representación e mediación en conflitos traballador/a-empresario/a, administrativa e xudicial
  • Xestión: xestión e organización de departamentos de persoal, xerencia de institucións, asociacións, empresas; xestión de asuntos relacionados coa contratación, xestión de prestacións á Seguridade Social