Rama de coñecemento: Ciencias sociais e xurídicas

Campus: Campus de Vigo

Centro
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo

Materias do título

Ficha no centro

 

Créditos ECTS

240

Cursos

4

Prazas

70

Nota de acceso

8.654 (Ord.) (1)

Prezo

591.00 € (2)

(1) Ord: convocatoria ordinaria, Ext: convocatoria extraordinaria. Nota de acceso do curso 2021/2022
(2) Importe dos créditos ECTS do primeiro curso. Taxas non incluídas

 

Descrición

O obxectivo fundamental deste grao é formar profesionais de perfil xurídico, cun coñecemento global de todas as áreas relacionadas co Dereito. O grao proporciona a estrutura xeral e os conceptos fundamentais das diversas disciplinas xurídicas para que, sobre a base dos mesmos, as persoas graduadas poidan identificar, analizar e dar solución aos problemas xurídicos, no exercicio libre, nas empresas e nas administracións públicas coas funcións de asesoramento legal, representación e defensa legal, dación de fe pública, xestión pública, rexistro, defensa da lexislación e dos dereitos da cidadanía, xulgar e executar o xulgado, dirección e coordinación no ámbito privado e público, mediación, conciliación e arbitraxe.

Mencións

  • Dereito privado
  • Dereito público

Perfil de Ingreso

Estudantado interesado no desenvolvemento das diversas profesións de contido xurídico, tanto mediante o exercicio autónomo da profesión como a través de oposición ou outros sistemas de selección para o emprego público; tamén e de forma especial, mediante a incorporación ao mundo empresarial.

Acceso e admisión

  • Bacharelato con ABAU superada
  • Ciclos formativos de grao superior
  • Proba de acceso para maiores de 25, 40 ou 45 anos
  • Titulación universitaria previa

Saídas Profesionais

  • Avogacía
  • Xudicatura
  • Ministerio fiscal
  • Secretaría de xulgado
  • Notaría
  • Rexistro
  • Ensino
  • Funcionariado
  • Empresa privada
  • Asociacións e organizacións privadas