Rama de coñecemento: Ciencias sociais e xurídicas

Campus: Campus de Vigo

Centro
Facultade de CC. Económicas e Empresariais

Materias do título

Ficha no centro

 

Créditos ECTS

240

Cursos

4

Prazas

200

Nota de acceso

6.278 (Ext.) (1)

Prezo

591.00 € (2)

(1) Ord: convocatoria ordinaria, Ext: convocatoria extraordinaria. Nota de acceso do curso 2022/2023
(2) Importe dos créditos ECTS do primeiro curso. Taxas non incluídas

 

Descrición

O obxectivo central deste grao inclúe unha tripla perspectiva: o estudo das organizacións, a súa xestión e a contorna cambiante na que se desenvolven as súas actividades, a formación de profesionais que sexan quen de desempeñar tarefas de xestión, asesoramento e avaliación nas organización produtivas, a unión de competencias aprendidas e o desenvolvemento persoal para contribuír á sociedade. Todas estas labores serán desenvolvidas no ámbito global da organización ou en calquera das súas áreas funcionais: produción, recursos humanos, financiamento, comercialización, investimento, administración ou contabilidade.

Perfil de Ingreso

  • Interese polo mundo da empresa
  • Interese polas cuestións económicas
  • Capacidade de comunicación
  • Capacidade de traballo en equipo e liderado de grupos

Acceso e admisión

  • Bacharelato con ABAU superada
  • Ciclos formativos de grao superior
  • Proba de acceso para maiores de 25, 40 ou 45 anos
  • Titulación universitaria previa

Saídas Profesionais

  • Finanzas (Banca de Inversión, Banca Persoal, Comercial…)
  • Mercadotecnia
  • Recursos Humanos
  • Sector Exterior, Internacionalización
  • Produción e Loxística
  • Servizos Profesionais de Consultoría, Contabilidade e Auditoría
  • Administración pública e organismos oficiais
  • Emprendemento