Rama de coñecemento: Artes e humanidades

Campus: Campus de Vigo

Centro
Facultade de Filoloxía e Tradución

Materias do título

Ficha no centro

 

Créditos ECTS

240

Cursos

4

Prazas

50

Nota de acceso

6.724 (Ext.) (1)

Prezo

591.00 € (2)

(1) Ord: convocatoria ordinaria, Ext: convocatoria extraordinaria. Nota de acceso do curso 2022/2023
(2) Importe dos créditos ECTS do primeiro curso. Taxas non incluídas

 

Descrición

O grao en Filoloxía Aplicada Galega e Española ofrece formación especializada no eido das linguas e das literaturas galega e española para que as persoas que cursen estes estudos poidan aplicar os seus coñecementos e valores no progreso da sociedade por medio do uso das ferramentas dixitais e o dominio complementario de idiomas modernos (como inglés, francés, alemán ou portugués). Acode ao termo Filoloxía entendido como a colaboración entre varias disciplinas e subdisciplinas centradas sempre na palabra e nos seus textos, e ao adxectivo Aplicada, pois emprega os coñecementos da ciencia básica para a súa aplicación práctica.

Perfil de Ingreso

Interese polo coñecemento das linguas propias (galego e español) e de idiomas modernos (portugués, inglés, alemán ou francés), con coñecementos básicos de literatura, sensibilidade para a diversidade cultural e habilidades para o manexo de ferramentas de acceso á información. Espírito emprendedor, capacidade de iniciativa e traballo, gusto pola lectura, creatividade, responsabilidade intelectual e sentido crítico.

Acceso e admisión

  • Bacharelato con ABAU superada
  • Ciclos formativos de grao superior
  • Proba de acceso para maiores de 25, 40 ou 45 anos
  • Titulación universitaria previa

Saídas Profesionais

  • Docencia no ensino secundario, bacharelato, escolas oficiais de idiomas, academias, etc.
  • As industrias culturais e creativas, especialmente vinculadas ás novas tecnoloxías.
  • As industrias da lingua (español e galego).
  • O ensino de galego e español como linguas estranxeiras (lectorados, auxiliarías de conversación, etc.).
  • As relacións internacionais.
  • O mercado laboral relacionado co ámbito tecnolóxico e coa comunicación multimodal, multilingüe en Internet; o relacionado coas empresas e institucións que demandan profesionais especializados na comunicación; o relacionado co asesoramento lingüístico e literario en bibliotecas, departamentos culturais, radio e televisión, cine, mundo editorial e xornalístico, axencias de publicidade, áreas de normalización lingüística, etc.
  • Edición, redacción e corrección de textos, tanto especializados como de creación literaria e de contidos audiovisuais.
  • Traballo administrativo en empresas ou institucións en contornos multilingües.
  • Mediación lingüística, incluída a lingua de sinais.