Rama de coñecemento: Artes e humanidades

Campus: Campus de Pontevedra

Centro
Facultade de Deseño

Materias do título

Ficha no centro

 

Créditos ECTS

240

Cursos

4

Prazas

45

Nota de acceso

8.442 (Ord.) (1)

Prezo

591.00 € (2)

(1) Ord: convocatoria ordinaria, Ext: convocatoria extraordinaria. Nota de acceso do curso 2022/2023
(2) Importe dos créditos ECTS do primeiro curso. Taxas non incluídas

 

Descrición

O Grao en Deseño da Universidade de Vigo busca formar aos profesionales do futuro interesados no deseño gráfico/dixital e no deseño de moda, sectores clave no desenvolvemento económico e cultural.

O deseño é unha disciplina de futuro que está presente hoxe tanto para comunicar unha proposta de valor de produtos ou servizos, como para facilitar os propios procesos de transformación dixital e de innovación. As actividades emerxentes do deseño (deseño de experiencias de usuario, deseño de servizos dixitais, novas propostas na moda sostible), e as aplicacións máis estratéxicas do mesmo (resolución creativa de problemas, deseño estratéxico, Design Thinking, ou o Deseño circular) indican que o futuro profesional terá un relevante impacto nos procesos formativos e nas dinámicas de especialización dos futuros profesionais multidisciplinarmente.

Mencións

  • Mención en deseño gráfico/dixital
  • Mención en Deseño de Moda

Perfil de Ingreso

Considérase un perfil de ingreso recomendado no referido a coñecementos, habilidades e capacidades de partida dun nivel de bacharelato. En concreto,
as características persoais (sensibilidades, aptitudes, capacidades específicas) e académicas daquelas persoas que se consideran máis adecuadas para iniciar os estudos de Grao en Deseño son as seguintes:

  • Coñecementos básicos sobre a arte e a Cultura nas súas diferentes manifestacións e contextos.
  • Interese e coñecementos básicos do Deseño nas súas manifestacións históricas e contemporáneas.
  • Sensibilidade no ámbito do Deseño e das Artes Visuais.
  • Capacidades para a expresión oral e escrita e para a comprensión lectora.
  • Capacidades sensoriais e perceptivas ligadas ao ámbito do coñecemento.
  • Habilidades sociais básicas para o traballo en equipo.
  • Capacidade de autoaprendizaje e para a toma de decisións de maneira autónoma.
  • Habilidades básicas e sensibilidade para o manexo de ferramentas, novas tecnoloxías e materiais do ámbito do Deseño e a creación.
  • Capacidade de aceptación, interese e sensibilidade fronte á diversidade cultural.
  • Capacidade de planificación no traballo persoal.
  • Capacidade creativa para a resolución de proxectos e traballos.
  • Capacidade de adaptación fronte aos cambios culturais e tecnolóxicos do Deseño e os medios audiovisuais.
  • Curiosidade pola contorna material cotiá e as manifestacións da cultura visual

Acceso e admisión

  • Bacharelato con ABAU superada
  • Ciclos formativos de grao superior
  • Proba de acceso para maiores de 25, 40 ou 45 anos
  • Titulación universitaria previa

Saídas Profesionais

  • Deseñador/a gráfico. Profesional do deseño gráfico especializado en diferentes disciplinas: Deseño de identidade corporativa, deseño editorial, deseño de embalaxe, deseño de gráfica aplicada e publicitaria, infografía e visualización de datos, deseño de tipografía, sinalética e contornas visuais e ilustración para o deseño.
  • Deseñador/a gráfico dixital. Profesional do deseño gráfico especializado en soportes dixitais e interactivos en diferentes disciplinas: Deseñador/a de productos e/ou servizos dixitais, deseño web e front-end, aplicacións interactivas, UX (experiencia de usuario) e UI (interfaces de usuario) e deseño de interacción.
  • Deseñador/a gráfico audiovisual. Profesional do deseño gráfico especializado en soportes audiovisuais en diferentes disciplinas: Deseño para soportes audiovisuais, cine e TV, deseño audiovisual para publicidade, animación e modelado 3D, deseño de espazos e contornas gráficas para instalacións audiovisuais.
  • Deseñador/a de moda: Profesional especializado no deseño de moda e coleccións de moda nas súas diferentes disciplinas.
  • Estilista de moda para producións audiovisuais, fotografía de moda, catálogos e revistas, desfiles de moda e estilismo corporativo.
  • Director/a creativo en moda
  • Crítico de Moda
  • Ilustración para moda
  • Deseño especializado en estampación textil
  • Análise de tendencias e coolhunter
  • Creador de contidos de moda
  • Especialistra en medios dixitais aplicados á moda
  • Deseñador/a de servizos e estratexias de innovación e deseño. Xestión de proxectos de deseño.
  • Docencia en deseño, tanto nos diferentes niveis educativos como no sector productivo.
  • Especialista en cultura do deseño. Crítico de deseño, comisario de exposicións de deseño, creador de contidos e editor de publicación de deseño. Investigacións históricas e xestión do patrimonio cultural do deseño.
  •