Créditos ECTS
240
Cursos
4
Prazas
45
Nota de acceso
9.156 (Ord.) (1)
Prezo
591.00 € (2)
(1) Ord: convocatoria ordinaria, Ext: convocatoria extraordinaria. Nota de acceso do curso 2024/2025
(2) Importe dos créditos ECTS do primeiro curso. Taxas non incluídas
Descrición
O Grao en Deseño da Universidade de Vigo busca formar aos profesionales do futuro interesados no deseño gráfico/dixital e no deseño de moda, sectores clave no desenvolvemento económico e cultural.
O deseño é unha disciplina de futuro que está presente hoxe tanto para comunicar unha proposta de valor de produtos ou servizos, como para facilitar os propios procesos de transformación dixital e de innovación. As actividades emerxentes do deseño (deseño de experiencias de usuario, deseño de servizos dixitais, novas propostas na moda sostible), e as aplicacións máis estratéxicas do mesmo (resolución creativa de problemas, deseño estratéxico, Design Thinking, ou o Deseño circular) indican que o futuro profesional terá un relevante impacto nos procesos formativos e nas dinámicas de especialización dos futuros profesionais multidisciplinarmente.
Mencións
- Mención en deseño gráfico/dixital
- Mención en Deseño de Moda
Perfil de Ingreso
Considérase un perfil de ingreso recomendado no referido a coñecementos, habilidades e capacidades de partida dun nivel de bacharelato. En concreto,
as características persoais (sensibilidades, aptitudes, capacidades específicas) e académicas daquelas persoas que se consideran máis adecuadas para iniciar os estudos de Grao en Deseño son as seguintes:
- Coñecementos básicos sobre a arte e a Cultura nas súas diferentes manifestacións e contextos.
- Interese e coñecementos básicos do Deseño nas súas manifestacións históricas e contemporáneas.
- Sensibilidade no ámbito do Deseño e das Artes Visuais.
- Capacidades para a expresión oral e escrita e para a comprensión lectora.
- Capacidades sensoriais e perceptivas ligadas ao ámbito do coñecemento.
- Habilidades sociais básicas para o traballo en equipo.
- Capacidade de autoaprendizaje e para a toma de decisións de maneira autónoma.
- Habilidades básicas e sensibilidade para o manexo de ferramentas, novas tecnoloxías e materiais do ámbito do Deseño e a creación.
- Capacidade de aceptación, interese e sensibilidade fronte á diversidade cultural.
- Capacidade de planificación no traballo persoal.
- Capacidade creativa para a resolución de proxectos e traballos.
- Capacidade de adaptación fronte aos cambios culturais e tecnolóxicos do Deseño e os medios audiovisuais.
- Curiosidade pola contorna material cotiá e as manifestacións da cultura visual
Acceso e admisión
- Bacharelato con ABAU superada
- Ciclos formativos de grao superior
- Proba de acceso para maiores de 25 ou 45 anos
- Titulación universitaria previa
Saídas Profesionais