Rama de coñecemento: Enxeñaría e arquitectura

Campus: Campus de Pontevedra

Centro
Escola de Enxeñaría Forestal

Materias do título

Ficha no centro

 

Créditos ECTS

240

Cursos

4

Prazas

45

Nota de acceso

5.830 (Ext.) (1)

Prezo

835.80 € (2)

(1) Ord: convocatoria ordinaria, Ext: convocatoria extraordinaria. Nota de acceso do curso 2022/2023
(2) Importe dos créditos ECTS do primeiro curso. Taxas non incluídas

 

Descrición

O obxectivo deste grao é formar enxeñeiros/as forestais que respondan as necesidades do sector forestal e da sociedade en xeral. Este título capacita para desenvolver tarefas relacionadas coa xestión, conservación e explotación dos espazos naturais e forestais; realizar obras de hidroloxía, reforestación e conservación de chans; xestión de caza e pesca. Así mesmo, a persoa que se gradúe será alguén profesional que posúa coñecementos sobre o tratamento e aproveitamento industrial da madeira e dos seus produtos, o desenvolvemento de proxectos de xeración de enerxía renovable a partir de biomasa forestal, o control da calidade de produtos forestais; o deseño e acabado do moble; o desenvolvemento de proxectos para a instalación de industrias forestais; a realización de proxectos de investigación e desenvolvemento tecnolóxico forestal etc.

Mencións

  • Explotacións forestais
  • Industrias forestais

Perfil de Ingreso

Trátase dunha titulación dentro da rama da Enxeñaría polo que se recomenda ter un perfil con interese pola rama técnica, pero, ademais, o grao oriéntase cara á industria madeireira, explotacións forestais e xestión do medio ambiente polo que se recomenda ter un especial interese e sensibilidade cara a estas cuestións á hora de elixir cursar este grao.

Acceso e admisión

  • Bacharelato con ABAU superada
  • Ciclos formativos de grao superior
  • Proba de acceso para maiores de 25, 40 ou 45 anos
  • Titulación universitaria previa

Saídas Profesionais

  • Sector persoal: empresas de xestión dos recursos naturais, comunidades de montes veciñais, empresas de repoboacións, aproveitamento forestal, xestión forestal, empresas auditoras e certificadoras, sector ambiental, industrias forestais e da madeira, enerxías renovables (biomasa), dirección de obras de enxeñaría
  • Administración pública local, provincial, autonómica (Dirección Xeral Montes, Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, Dirección Xeral Conservación da Natureza), estatal (Ministerios con competencias no sector forestal) e europea
  • Investigación, desenvolvemento e innovación (I+D+i): centros públicos/privados de I+D+i, centros de investigación en recursos forestais, departamentos de investigación das universidades
  • Exercicio libre: proxectos e peritaxes, asesoría forestal, natural e ambiental, traballos topográficos e de medición, dirección de obra, auditor forestal e ambiental etc
  • Docencia