Rama de coñecemento: Ciencias sociais e xurídicas
Campus: Campus de Pontevedra
Créditos ECTS
240
Cursos
4
Prazas
100
Nota de acceso
9.966 (Ord.) (1)
Prezo
591.00 € (2)
(1) Ord: convocatoria ordinaria, Ext: convocatoria extraordinaria. Nota de acceso do curso 2024/2025
(2) Importe dos créditos ECTS do primeiro curso. Taxas non incluídas
Descrición
O Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte responde á conversión do sistema deportivo nun produto de mercado significativo nas sociedades contemporáneas, así como á actual promoción de estilos de vida activos e saudables. Afonda na formación de campos como, entre outros, o coñecemento e comprensión dos factores fisiolóxicos e biomecánicos que condicionan a práctica da actividade física e do deporte, dos factores sociais e de comportamento que condicionan a súa práctica ou os efectos desta sobre a estrutura e función do corpo humano.
Perfil de Ingreso
- Coñecementos básicos sobre bioloxía, anatomía humana, física, filosofía e historia
- Interese pola práctica da actividade física e o deporte
- Inquietude e curiosidade sobre as manifestacións da motricidade e o deporte
- Habilidades básicas deportivas e dominio do propio corpo
- Sensibilidade para recoñecer as limitacións dos demais e facilitar a súa aprendizaxe
- Capacidades básicas para a expresión oral e escrita e para a comprensión lectora
- Habilidades sociais básicas para o traballo en equipo
Acceso e admisión
- Bacharelato con ABAU superada
- Ciclos formativos de grao superior
- Proba de acceso para maiores de 25 ou 45 anos
- Titulación universitaria previa
Saídas Profesionais
- Rendemento deportivo: adestramento e dirección de equipos deportivos, adestramento e preparación física de deportistas de alto nivel, preparación física, xuíces/zas de probas deportivas.
- Xestión deportiva: xestión, administración e organización en entidades e instalacións deportivas, dirección técnica en entidades deportivas.
- Docencia en educación física
- Actividade física para a saúde: programas de reeducación motora, actividade física adaptada para poboacións especiais, actividade física para persoas adultas e maiores, deporte de saúde, asesoría en actividade física postoperatoria, masaxista deportivo
- Lecer e tempo libre: animación de actividade física e deportiva, animación turístico-deportiva