Rama de coñecemento: Ciencias sociais e xurídicas

Campus: Campus de Ourense

Centro
Facultade de Relacións Internacionais

Materias do título

Ficha no centro

 

Créditos ECTS

240

Cursos

4

Prazas

22

Nota de acceso

10.020 (Ord.) (1)

Prezo

591.00 € (2)

(1) Ord: convocatoria ordinaria, Ext: convocatoria extraordinaria. Nota de acceso do curso 2022/2023
(2) Importe dos créditos ECTS do primeiro curso. Taxas non incluídas

 

Descrición

O Grao trilingüe en Relacións Internacionais persegue dotar o estudantado dunha formación integral e interdisciplinaria, con particular atención a actores e a temáticas de interese mundial como os desafíos que expón o cumprimento dos obxectivos de desenvolvemento sostible das Nacións Unidas, a cooperación para o desenvolvemento, o papel das grandes empresas multinacionais, ou a xestión de proxectos e de plans de desenvolvemento de carácter público e privado. Oriéntase, así, cara ao estudo dun mundo globalizado que esixe tratar cuestións de política intercontinental, economía global, dereito internacional público e privado, relacións transfronteirizas de mercado, movementos de persoas e de recursos, o efecto da actividade humana no medio ambiente e moitos outros temas, cun alcance tanto micro coma macro. Para tratar estes retos, precísanse profesionais expertos capacitados para interpretar e entender as sociedades actuais, comprendendo as relacións internacionais nos distintos ámbitos (político, empresarial, xurídico, histórico etc.) e defendendo, en particular, determinados valores como a xustiza, a solidariedade, a democracia ou a defensa dos dereitos humanos.

Mencións

  • Cooperación para o Desenvolvemento (UDC)
  • Xestión de Proxectos e Negocios Internacionais (UVigo)

Perfil de Ingreso

Título dirixido a estudantes con vocación internacional que queiran recibir unha formación multidisciplinaria e trilingüe para poder traballar en entidades públicas ou privadas, en España e no estranxeiro, con orientación profesional tanto no ámbito da cooperación internacional e na diplomacia coma no mundo dos negocios.

Acceso e admisión

  • Bacharelato con ABAU superada
  • Ciclos formativos de grao superior
  • Proba de acceso para maiores de 25, 40 ou 45 anos
  • Titulación universitaria previa

Saídas Profesionais

  • Administracións públicas
  • Corpo diplomático
  • Organismos internacionais e organizacións non gobernamentais
  • Educación e investigación en centros nacionais e estranxeiros, incluídos think tanks
  • Consultaría internacional para pequenas e medianas empresas, ademais de multinacionais
  • Dirección de proxectos