Rama de coñecemento: Artes e humanidades

Campus: Campus de Ourense

Centro
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo

Materias do título

Ficha no centro

 

Créditos ECTS

390

Cursos

6

Prazas

10

Nota de acceso

5.482 (Ext.) (1)

Prezo

679.65 € (2)

(1) Ord: convocatoria ordinaria, Ext: convocatoria extraordinaria. Nota de acceso do curso 2024/2025
(2) Importe dos créditos ECTS do primeiro curso. Taxas non incluídas

 

Descrición

O obxectivo do grao conxunto consiste en proporcionar unha formación integral que complemente habilidades e competencias para analizar e interpretar realidades sociais, co dominio de ferramentas e técnicas específicas de xestión de empresas turísticas, coñecendo en profundidade o patrimonio histórico e cultural existente e incorporando habilidades lingüísticas prácticas en inglés, que habilitan como guía turístico.
Esta formación permitirá incorporarse a empresas ou organizacións do sector turístico e realizar as funcións propias da dirección corporativa e institucional, xestión de destinos turísticos, dirección comercial de intermediarios turísticos, hoteis, axencias de viaxes ou calquera outra entidade pública ou privada, nacional ou internacional relacionada co turismo.

Perfil de Ingreso

O grao conxunto de turismo e xeografía e historia está enfocado a persoas que senten interese por coñecer e valorar diferentes culturas, civilizacións e realidades sociais; con especial sensibilidade pola arte e o patrimonio histórico e cultural; que teñen habilidades *comunicativas e facilidade para aprender novos idiomas; son capaces de traballar en equipo e en campos multiculturais; teñen iniciativa, son creativas e presentan disposición de servizo aos demais.

Acceso e admisión

  • Bacharelato con ABAU superada
  • Ciclos formativos de grao superior
  • Proba de acceso para maiores de 25 ou 45 anos
  • Titulación universitaria previa

Saídas Profesionais

  • Organizacións do sector turístico
  • Xestión e conservación do patrimonio histórico e cultural
  • Investigación histórica, documentación, arquivos e bibliotecas
  • Dirección corporativa e institucional de empresas turísticas
  • Escavacións e estudos arqueolóxicos
  • Guías e Intermediarios turísticos
  • Asesoramento cultural e turístico
  • Xestión de proxectos internacionais
  • Dirección de axencia de viaxes e oficinas de información
  • Xestión de Recursos Humanos
  • Docencia en centros públicos e privados
  • Dirección de entidades públicas ou privadas, nacionais ou internacionais relacionadas co ámbito turístico
  • Técnicos de turismo en Administración Pública