Rama de coñecemento: Ciencias sociais e xurídicas
Campus: Campus de Ourense
Créditos ECTS
240
Cursos
4
Prazas
55
Nota de acceso
5.142 (Ext.) (1)
Prezo
591.00 € (2)
(1) Ord: convocatoria ordinaria, Ext: convocatoria extraordinaria. Nota de acceso do curso 2024/2025
(2) Importe dos créditos ECTS do primeiro curso. Taxas non incluídas
Descrición
Este grao forma profesionais en materia turística que son quen de contemplar as necesidades da xestión empresarial e o uso turístico dos recursos naturais e culturais, cun coñecemento global de todas as áreas relacionadas co turismo (mercadotecnia, xestión empresarial, planificación estratéxica, idiomas, xestión de aloxamentos e restauración, economía ambiental, comercio internacional, xeografía, socioloxía …), coa capacidade de liderar novos proxectos e adaptarse a unha contorna en rápida evolución.
Perfil de Ingreso
O Grao en Turismo está enfocado a persoas que senten interese por diferentes culturas, que teñen habilidades comunicativas e facilidade para aprender novos idiomas; son quen de traballar en equipo en campos multiculturais, teñen iniciativa, son creativas e teñen disposición para servir.
Acceso e admisión
- Bacharelato con ABAU superada
- Ciclos formativos de grao superior
- Proba de acceso para maiores de 25 ou 45 anos
- Titulación universitaria previa
Saídas Profesionais
- Organizacións do sector turístico
- Dirección corporativa e institucional de empresas do sector
- Intermediarios turísticos
- Dirección de axencias de viaxes
- Dirección de entidades públicas ou privadas, nacionais ou internacionais relacionadas có ámbito turístico