Rama de coñecemento: Ciencias sociais e xurídicas
Campus: Campus de Pontevedra
Créditos ECTS
240
Cursos
4
Prazas
75
Nota de acceso
10.026 (Ord.) (1)
Prezo
591.00 € (2)
(1) Ord: convocatoria ordinaria, Ext: convocatoria extraordinaria. Nota de acceso do curso 2024/2025
(2) Importe dos créditos ECTS do primeiro curso. Taxas non incluídas
Descrición
É unha titulación orientada a garantir unha formación pedagóxica, psicolóxica, lingüística, sociolóxica, científica, tecnolóxica e artística do futuro profesorado de Educación Primaria, titulación con longa tradición e interese tanto na nosa contorna como no conxunto do Estado.
Mencións
- Afondamento curricular
- Educación física
- Educación musical
Perfil de Ingreso
A titulación está recomendada para estudantes que teñan interese nas cuestións relacionadas co ensino, especialmente nos seus niveis básicos. Deben ter interese polas actividades humanitarias e solidarias, ser responsables, adquirir compromisos éticos, críticos e autocríticos. Con capacidade de traballar en grupo, ser persuasivo/a, emprendedor/a e ter facilidade para as relacións interpersoais. Ser sensible ás novas esixencias reclamadas desde unha realidade na que ao tempo reclámase a igualdade, a compensación das desigualdades e o dereito á diferenza, así como manifestar sensibilidade ante os problemas ambientais. Ter creatividade e ser flexibles e ser capaz de adaptarse a situacións complexas, cambiantes e non previstas.
Acceso e admisión
- Bacharelato con ABAU superada
- Ciclos formativos de grao superior
- Proba de acceso para maiores de 25 ou 45 anos
- Titulación universitaria previa
Saídas Profesionais
Mestra/e en Educación Primaria