Rama de coñecemento: Ciencias sociais e xurídicas

Campus: Campus de Ourense

Centro
Facultade de Dereito

Materias do título

Ficha no centro

 

Créditos ECTS

363

Cursos

5

Prazas

20

Nota de acceso

8.652 (Ord.) (1)

Prezo

709.20 € (2)

(1) Ord: convocatoria ordinaria, Ext: convocatoria extraordinaria. Nota de acceso do curso 2024/2025
(2) Importe dos créditos ECTS do primeiro curso. Taxas non incluídas

 

Descrición

O Plan Conxunto ADE-Dereito proporciona ao estudantado unha formación teórico-práctica competitiva, exhaustiva e de calidade no ámbito xurídico-empresarial, así como as habilidades e competencias adecuadas. Estes estudos permiten estudar de forma simultánea, durante cinco cursos académicos, contidos dos títulos de Graduado/a en ADE e de Graduado/a en Dereito e adquirir un perfil profesional versátil de gran proxección no mercado laboral. Ao finalizar os estudos, o expediente do estudante desdóbrase para obter as dúas titulacións, coas vantaxes profesionais que iso comporta.

Perfil de Ingreso

Para facilitar a formación integral destes estudos é recomendable que o alumno acceda cunha base sólida en Matemáticas e Economía e con coñecementos adecuados en disciplinas como Lingua, Historia, Filosofía, Ética e Linguas Estranxeiras. En especial, o estudante debe posuír capacidade de comprensión, de análise, de sistematización e síntese, de expresión oral e escrita, de relación, de argumentación e de razoamento crítico. No ámbito empresarial é importante tamén a iniciativa, a capacidade de liderado e o espírito emprendedor.

Acceso e admisión

  • Bacharelato con ABAU superada
  • Ciclos formativos de grao superior
  • Proba de acceso para maiores de 25 ou 45 anos
  • Titulación universitaria previa

Saídas Profesionais

As propias do estudantado graduado en ADE:

  • Administración, organización e dirección de empresas
  • Auditoría de contas
  • Asesoría financeira, contable e fiscal
  • Consultoría
  • Investigación e planificación comercial, técnicas de mercadotecnia e comercio exterior
  • Sistemas actuariais e de riscos
  • Selección e integración de persoal, métodos de traballo e racionalización administrativa
  • Proceso de datos e tratamento da información empresarial
  • Arbitraxe e actuacións xudiciais
  • Estudos estatísticos e documentación económica, contable e financeira
  • Docencia

e as do estudantado graduado en Dereito:

A. Profesións liberais: Avogados e ou Procuradores.
B. Emprego privado. Emprego nas áreas xurídica, laboral e de recursos humanos, en seguros, mutuas, cooperativas, banca e entidades de crédito, en consultorías, en ONG e entidades de cooperación ao desenvolvemento…

  • Postos de traballo cualificados en empresas ou traballos autónomos para os que resulte necesaria formación xurídica
  • Outros postos de traballo para os que non necesita necesariamente, pero se é útil ou conveniente a formación xurídica

C. Emprego público

  • Na Unión Europea e outros organismos internacionais
  • No Estado: Xuíces, fiscais, letrados da Administración de Xustiza, notarios, rexistradores da propiedade ou mercantil, avogados do Estado, letrados do Consello de Estado, letrados das Cortes Xerais, letrados da Seguridade Social, inspectores e subinspectores de Traballo, inspectores e técnicos de Facenda, interventores e auditores, técnicos da Administración…
  • Nas comunidades autónomas: Letrados de parlamentos autonómicos, servizos xurídicos de gobernos autonómicos, técnicos da Administración…
  • Nas administracións locais: Secretarios ou interventores da Administración local, letrados ou asesores xurídicos, técnicos da Administración…
  • Outros: Diplomáticos, servizos xurídicos doutros entes públicos (por ex. universidades, corpo xurídico militar…), profesores de universidade…